Responsable do tratamento
O responsable dos teus datos é Lendario, a tenda online da baralla da mitoloxía galega. Estes son os nosos datos de contacto:
info@rubenterre.com
Rubén Terré · NIF 36177347A · Praza de Europa, 14, 4B 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), Galicia
Que datos tratamos
Só tratamos os datos necesarios para xestionar a túa compra:
- Datos do pedido que introduces na páxina de pagamento de Stripe: nome, correo electrónico, enderezo de envío, teléfono, produtos e importe.
- Datos do pagamento: Stripe procésaos directamente e Lendario non ve nin garda o número da túa tarxeta.
- Datos técnicos de conexión, como o enderezo IP e o tipo de navegador, que rexistra o servidor da web por motivos de seguridade e funcionamento.
- Datos do carro de compra, que se gardan só no teu dispositivo.
Non temos rexistro de usuarios, formularios de contacto nin boletín nesta web.
Para que os usamos
- Xestionar o teu pedido: cobrar, preparar e enviar a compra, e atender devolucións, garantías e consultas. Base xurídica: execución do contrato de compra (art. 6.1.b RGPD).
- Cumprir as obrigas fiscais e contables, como emitir facturas e conservar os rexistros. Base xurídica: obriga legal (art. 6.1.c RGPD).
- Previr fraude e garantir a seguridade dos pagamentos e da web. Base xurídica: interese lexítimo (art. 6.1.f RGPD).
Non enviamos comunicacións comerciais sen o teu consentimento previo, non vendemos os teus datos nin tomamos decisións automatizadas con efectos sobre ti.
Boletín
Se te subscribes ao boletín, tratamos o teu correo electrónico para enviarche novidades sobre Lendario, como o lanzamento da baralla, adiantos das cartas e contido do blog. Base xurídica: o teu consentimento (art. 6.1.a RGPD), que podes retirar en calquera momento.
- Usamos dobre confirmación: só te engadimos á lista cando confirmas o teu correo coa ligazón da mensaxe que che enviamos.
- Cada envío incluí unha ligazón para darte de baixa.
- Conservamos o teu correo mentres sigas subscrito ou subscrita; se te das de baixa, deixamos de enviarche comunicacións.
Con quen os compartimos
- Stripe, para procesar o pagamento e detectar fraude. Stripe pode tratar certos datos como responsable propio; a súa política está en stripe.com/es/privacy.
- A empresa de transporte, que recibe o teu nome, enderezo e teléfono para entregar o pedido.
- Netlify, que aloxa a web e executa o proceso de pago.
- Brevo (Francia), que xestiona a lista do boletín e o envío dos correos, se te subscribes.
- A xestoría ou asesoría fiscal que nos axude coa contabilidade, e as administracións públicas cando a lei o esixa.
Algúns destes provedores, como Stripe e Netlify, poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo. Neses casos apóianse nas garantías que a normativa recoñece, como as cláusulas contractuais tipo da UE.
Canto tempo os conservamos
Conservamos os datos do pedido mentres sexa necesario para atender devolucións, garantías e reclamacións. Despois mantemos só os datos fiscais e contables durante o prazo legal, que pode chegar a 6 anos, e bloqueámolos ata que se borren.
Cookies e almacenamento local
Esta web non usa cookies de analítica nin de publicidade. Para lembrar o contido do carro, usa o almacenamento local do teu navegador, un recurso técnico necesario que se baleira ao completar a compra.
A páxina de pagamento pertence a Stripe, que pode usar as súas propias cookies de seguridade e funcionamento. Se hai ligazóns a plataformas externas, como a dun tráiler, a súa política aplícase unha vez que sales de Lendario.
Algunhas entradas do blog, como as do prototipo e do flipbook, incorporan contido de terceiros (Vimeo e o servizo do flipbook), que pode usar cookies ou outras tecnoloxías propias ao cargarse. Estes servizos non se usan na tenda nin no proceso de compra.
Os teus dereitos
Podes pedirnos acceder aos teus datos, rectificalos, suprimilos, oporte ao seu tratamento, limitalo ou recibilos noutro formato (portabilidade). Escríbenos ao correo de contacto indicando o teu nome e o número do pedido, e responderémosche no prazo dun mes.
Se consideras que non tratamos os teus datos correctamente, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
info@rubenterre.com
Rubén Terré · NIF 36177347A · Praza de Europa, 14, 4B 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), Galicia
Cambios nesta política
Se cambiamos a forma de tratar os datos, actualizaremos esta páxina e a data da última actualización.