Pedidos e pagamento
Os prezos están en euros e inclúen o IVE. O prezo final, cos gastos de envío, amósase antes de confirmar o pagamento.
O pagamento procésase a través de Stripe, un servizo seguro. Lendario non ve nin garda os datos da túa tarxeta. Cando o pagamento se complete, recibirás a confirmación por correo electrónico.
Cada edición ten unha tirada limitada. Se unha edición se esgota, non se completará o pedido desa edición e devolverémosche o importe.
Envíos
Os envíos fanse a través de transportista á dirección que indiques ao pagar. Actualmente enviamos a España.
O envío é gratuíto nos pedidos de 19,90 € ou máis. Nos pedidos de menor importe, o envío custa 2,50 € (IVE incluído). O importe aparece antes de confirmar o pagamento.
Preparamos o pedido unha vez confirmado o pagamento. Se non acordamos outra data contigo, entregarémolo como máximo en 30 días naturais desde o día seguinte á compra.
Se o pedido tarda máis do previsto ou ten algún problema de transporte, escríbenos e axudarémosche a resolvelo.
Dereito de desistimento e devolucións
Tes 14 días naturais desde que recibes o pedido para desistir da compra, sen necesidade de dar ningún motivo.
Para facelo, comunícanos a túa decisión por correo electrónico indicando o número do pedido e o teu nome. Podes usar o modelo que aparece máis abaixo ou calquera outra declaración clara.
Despois de avisarnos, tes outros 14 días para enviar o produto de volta. Os gastos de devolución correrán por túa conta.
Devolveremos todo o importe pagado, incluído o envío inicial estándar, no prazo máximo de 14 días desde que nos comuniques a túa decisión. Podemos esperar a recibir o produto ou a proba do seu envío antes de reembolsar. O reembolso faise co mesmo medio de pago da compra, e o banco pode tardar uns días en amosalo.
Devolve o produto completo e en bo estado. Se o manipulaches máis do necesario para comprobar como é, podemos descontar a perda de valor do produto.
A/á atención de Lendario: comunico que desisto do contrato de venda do seguinte produto: [produto e edición]. Pedido nº [número] feito o [data] e recibido o [data]. Nome: [nome e apelidos]. Enderezo: [enderezo]. Data: [data].
Produtos sen dereito de desistimento
O dereito de desistimento non se aplica aos produtos feitos segundo as túas indicacións ou claramente personalizados, como unha dedicatoria ou un nome incluídos no pedido. Se unha edición ou complemento ofrece esa opción, indicarémolo antes de comprar.
Garantía e produtos danados
Os produtos novos teñen unha garantía legal de 3 anos desde a entrega. Se chega con algún defecto ou non coincide co descrito, terás dereito a que o reparemos ou o substituamos e, se non for posible, á rebaixa do prezo ou á devolución do importe.
Se o pedido chega danado polo transporte, escríbenos o antes posible cunhas fotos do produto e da caixa, e atenderémoste sen custo.
Contacto e reclamacións
Para calquera dúbida, devolución ou reclamación sobre un pedido, escríbenos indicando o número do pedido. Respondemos o antes posible.
info@rubenterre.com
Rubén Terré · NIF 36177347A · Praza de Europa, 14, 4B 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), Galicia